Tictura é...

Cultura, difusión e interactividade

Innovación, coñecemento e calidade

Somos un equipo dedicado á creación de produtos culturais e estamos especializados na elaboración de contidos dixitais.

Orientámonos principalmente cara aos sectores da educación, do turismo, do audiovisual e dos videoxogos.

Os nosos produtos son froito da colaboración con institucións científicas de referencia, coma o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Que facemos?

Produtos culturais

  • Creamos contidos dixitais: apps, e-books, webs de contidos...
  • Elaboramos material didáctico dixital.
  • Deseñamos e executamos actividades culturais.
  • Traballamos con proxectos de co-creación e participación social.
  • Asesorámoste no relativo ao patrimonio cultural.

Por que elixirnos?

Como o facemos?

  • Tictura é calidade e innovación. Garantimos a rigorosidade científica dos nosos produtos, a adopción das últimas tendencias e o permanente desenvolvemento de novas ferramentas, mediante a firma de convenios de colaboración con institucións científicas, como o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.
  • Tictura é co-construcción participativa. Non sodes só clientes ou usuarios; non buscamos unicamente a vosa opinión; queremos que construades con nós, man a man, os vosos produtos.
  • Tictura é flexibilidade. Analizamos o teu caso concreto e creamos un produto personalizado.
  • E sobre todo, Tictura é una forma dinámica, interactiva e divertida de non parar de aprehender.

Últimos artigos

Esta web utiliza cookies, poder ver a nosa política de privacidade aquí
Política de cookies +