Tictura

O noso xeito

Cultura de traballo

Traballamos pensando en ti, no que realmente precisas, no que che podemos aportar e no que nos podes ensinar.

  • Unha imaxe vale máis que mil palabras; por iso, os nosos produtos teñen un compoñente visual moi elevado e potenciamos os formatos audiovisuais e interactivos.
  • Traballamos en rede con socios tecnolóxicos e científicos, garantindo a rigorosidade e actualidade de todos os nosos contidos, o uso das últimas tendencias metodolóxicas e das tecnoloxías de última xeración.
  • Apostamos por formas de coñecemento distintas: os científicos non son os únicos que crean coñecemento. Por iso, os nosos clientes participan activamente na construción dos nosos produtos, converténdose en prosumidores (consumidores e produtores á vez).
  • Promovemos prácticas de aprendizaxe máis abertas e continuas, non só nas aulas, axudándonos das TIC.
Esta web utiliza cookies, poder ver a nosa política de privacidade aquí
Política de cookies +