Servizos

Contidos e produtos dixitais

Servizos


  • Desenvolvemento de contidos dixitais


    Creamos contidos en calquera formato dixital, para distintos dispositivos e sistemas operativos. Traballamos contidos xerais ou especializados, de calquera temática e orientados a calquera tipo de público.

    Podemos crear o produto completo ou deseñar só os contidos.

    Tamén podes optar por mercar algún dos nosos produtos, xa elaborados e listos para consumir.

  • Elaboración de material dixital didáctico


    Creamos contidos didácticos dixitais adaptados aos soportes dispoñibles nas institucións educativas.

    Queremos ensinar doutra maneira, facéndoo a través de materiais sinxelos, dinámicos e visuais, de xeito que o alumno aprenda sen esforzo.

    Se queres ver o que facemos, bótalle un ollo á nosa sección de Paquetes Educativos!

  • Deseño de actividades culturais


    Deseñamos actividades de divulgación sobre calquera temática cultural e orientadas a calquera tipo de público.

    • Rutas e visitas turísticas. Elaboramos itinerarios e desenvolvemos contidos adaptados ao perfil dos usuarios. Se es unha empresa de turismo, un concello, unha asociación cultural… fala con nós. Podemos deseñar novos contidos ou adaptar os teus ás novas tecnoloxías.
    • Obradoiros e charlas didácticas dirixidos a colexios, asociacións e outros colectivos.
  • Proxectos participativos


    Desenvolvemos proxectos man a man cos cidadáns. Habitualmente o teu papel limítase a usar os produtos dixitais; nos incorporámoste no proceso de investigación e desenvolvemento do produto.

    Queres participar cos teus veciños, compañeiros, amigos nalgún destes proxectos? Fainos unha proposta!

  • Asesoramento


    Se precisas asesoramento en materia de patrimonio cultural no teu proxecto de I+D+i ou desenvolver o teu produto con rigor histórico (un videoxogo, un comic, un audiovisual…) contácta con nós.

Esta web utiliza cookies, poder ver a nosa política de privacidade aquí
Política de cookies +